Site icon Crónica3.com A Mariña

Os comezos da biblioteca

OS COMEZOS DA BIBLIOTECA

Un feito cultural importante – senon o que mais – daqueles anos, foi a creación da Biblioteca Pública inaugurada o 11. 8 .60; nela o intelectual ribadense Dionisio Gamallo dera a lección inaugural glosando ós dous mestres, honra literaria da vila, onde desenvolveran boa parte das labouras profesionais, ambos correspondentes da Academia Galega e varias veces condecorados: Noriega Varela e Salgado Toimil. A falta doutros canles para tal cometido, a Biblioteca convertiuse no faro que irradiaba a luz da cultura, a través dos numerosos eventos que promovía a Xunta Rectora presidída polo alcalde, Pepe Beltrán, Tivo lugar entón o 1º Ciclo de Conferencias que impartiron os profesores Bouza Fdez,,director do Instituto Femenino de Lugo; García Siso, Delegado de Estadística; Jesús Rodríguez, profesor de Xeografía e Hª e de xeito paralelo unha exposición antolóxica de artistas da época entre os que se atopaban os pintores galegos Mª Antonia Dans e Fdez.Albalat. A Biblioteca pasou a ser o espazo para o encontro das xentes que, dun xeito ou doutro, implicábanse nas tarefas de tipo cultural, social, lúdico ou deportivo. Lugar de xuntanzas nas que o diálogo, as suxerencias e o debate, permitían atopar solución a tanta carencia que obrigaba a agudizar o enxeño. A Xunta Rectora programaba os actos; e, por exemplo o Ciclo Cultural de 1965 ofrecía as conferencias: “Un viaje al sol de medianoche”, por José Reimunde, doutor en Farmacia; “Colaboración padres-colegio en la educación integral de los niños”, por el P. Agapito, Lcdo. en Filosofía; “Ideas políticas, sociales y educativas en León XIII y Pío XI”, por Luis Cordeiro, Lcdo. en Dereito e Mestre. “La Educación, principio básico del desarrollo económico” por Ramón Fdez. Quiroga, director da Agrupación Escolar; “El Agricultor, su trípode y sus problemas”, por J. L.Diéguez, Perito Agrícola; “Filosofía e amor”, por D.A. Masdías, Lcdo. Filosofía; “Unos deberes olvidados”, Julio Ballesteros, abogado, Delegado Sindical e concelleiro; “El aforo de una de las fuentes de la poesía gallega”, por Ramón Fdez. Mato, escritor e político da República.

Suso Fernández

Exit mobile version