GRUPO DE INVESTIGACIÓN ECON-NATURA
NOTA DE PRENSA
O VECIÑO DE SAN CIPRIÁN, JESÚS BARREAL PERNAS, INVESTIGADOR EN FORMACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, FOI GALARDOADO CO “PREMIO AERNA A LA MEJOR PONENCIA” NA V AERNA CONFERENCE.
Faro (Portugal), 1 de xuño de 2012 – Entre o pasado 31 de maio e 2 de xuño tivo lugar en Faro (Portugal) a V AERNA Conference organizada pola Asociación Hispano-Portuguesa de Economía de los Recursos Naturales y Ambientales (AERNA). Na citada reunión científica, o veciño do Concello de Cervo e residente en San Ciprián, Jesús Barreal Pernas, recibiu o galardón á mellor ponencia polo texto de “El Seguro Forestal como Herramienta de Restauración tras los Incendios Forestales”. Dita produción científica foi realizada en colaboración coa profesora María Loureiro, do Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela; e polo profesor Juan Picos, do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo.
Esta investigación resalta a importancia do emprego do seguro forestal
como unha ferramenta para previr o abandono das producións tras un
incendio. Tamén destaca o atractivo que podería ter para un produtor
forestal un seguro que cubra os custes de recuperación do terreo e as
posibles perdas económicas causadas polo lume na produción madeireira.
Deste xeito conxúgase un seguro que busca reducir a volatilidade nas
inversións forestais e reducir o abandono das terras tras os incendios. Dita
investigación encóntrase financiada polo Proxecto Europeo FIREMAN,
dentro da convocatoria de Euroinvestigación (Programa Biodiversa).