Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE focense asegura que o alcalde non está á altura do que significa ser alcalde de Foz

O PSdG-PSOE de Foz lamenta que o alcalde de Foz o señor Castiñeira non sepa estar á altura do que significa ser alcalde de Foz.

Na sesión plenaria do pasado día 28 se debatiron varias propostas de importancia para o noso concello entre elas unha en defensa de que o Goberno da Xunta non recorte as axudas do Plan de Coperación. O grupo socialista non entende como o señor Castiñeira se resigna a asumir todo aquello que lle dicen desde a Xunta e non é capaz de ponerse do lado dos vecinos, non nos colle de sorpresa pois non é a primeira vez que o fai, xa o fixo cando eliminaron a ambulacia e o sigue facendo cada vez que o señor Feijoo así llo manda, cremos, e cada vez temos máis motivos para facelo que temos un goberno máis preocupado por non molestar ós dirixentes do seu partido que de defender os intereses dos vecinos de Foz.

Ademais lamentamos que o grupo de Goberno utiliza as institucións para confrortar con outras administración, son capaces no mesmos pleno de presentar unha proposta solicitado unhas melloras no campo de futbol municipal e acto seguido pedir a dimisión do vicepresidente da institución á que llo solicitan.

Nos consideremos que o Pleno Municipal é algo máis serio que todo esto, por iso esperamos que non se volva a dar o espectáculo da sesión de onte.

O grupo socialista presentou varisos rogos constructivos, e encamiñados a que se fagan reformas en distintos puntos, un no entrorno do pabellón de Marzán para mellorar a entrada, outro na entrada de Foz a altura dun paso elevado.

O mesmo tempo preguntamos sobre o punto no que se encontra o proxecto da residencia, o propio alcalde nos dixera con anterioridade que estaría listo antes do verán, sin embargo a resposta non nos concretou nada do preguntado, nin estado nin empresa adxudicataria do proxecto só se nos dixo que iríamos vendo nos próximos días.

Tamén preguntamos polo estado dunha cesión dun local municipal, e polo estado de limpeza das fontes publicas.

Exit mobile version