Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo comunica que apoia as reivindicacións de ALCOA

O PSdeG- PSOE DE RIBADEO APOIA AS REIVINDICACIÓNS DE ALCOA

Executiva do PSdeG-PSOE de Ribadeo

O PSdeG-PSOE de Ribadeo mostra o seu apoio ás reivindicacións de ALCOA na Mariña, para a defensa dos postos de traballo, da súa competitividade e da súa actividade industrial, dado o peso que a fábrica de San Cibrao supón para a economía luguesa ao xerar o 30 % do PIB da provincia e preto de dous mil empregos directos e indirectos.

Reivindicamos a necesidade e a urxencia de poñer en marcha de xeito inmediato, medidas que garanten a viabilidade e a permanencia da factoría mariñá e así fortalecer e darlle continuidade ao progreso da Comarca. É vital e prioritario acadar un contrato enerxético competitivo, por iso, instamos ao Goberno de España a que negocie coas empresas eléctricas unha tarifa reducida que permita a ALCOA e a outras grandes industrias galegas manter a súa producción e evitalo seu peche.

Tamén nos sumamos para reclamarlle a Xunta de Galicia o inicio das obras de canalización do gas para a planta de Alúmina que lle permitirían reducilos seus costes de producción e das emisións de CO2 e así favorecer un entorno económico e social óptimo para o conxunto da cidadanía da nosa comarca.

Exit mobile version