Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP informa que o Parlamento aprobou en abril por unanimidade a petición para a redución da tarifa eléctrica a Alcoa

Goberno galego e español traballan pola continuidade da actividade da multinacional do aluminio en Galicia e o mantemento do seu cadro de persoal

O PARLAMENTO GALEGO XA APROBOU NO MES DE ABRIL UNHA INICIATIVA PARLAMENTARIA APOIADA POLAS TRES FORZAS POLÍTICAS PEDÍNDO AO ESTADO A REDUCIÓN DA TARIFA ELÉCTRICA DE ALCOA

 A dirección de Alcoa San Ciprián e os integrantes do Comité de Empresa xa coñecen o compromiso do Goberno central co Executivo galego para desenvolver un tratamiento específico para a tarifa eléctrica de grandes factorías, algo que beneficiará á fábrica de Alcoa en San Ciprián

Santiago, 25 de xuño de 2012.- O Partido Popular de Galicia lembra que o pasado mes de abril o Parlamento galego xa adoptou co voto positivo e unánime das tres forzas políticas da Cámara un acordo parlamentario, que inlcuía na súa integridade unha emenda dos populares galegos, polo que se lle pedía ao Goberno do Estado que revise á baixa as tarifas eléctricas que abona Alcoa e outras empresas consideradas grandes consumidores de enerxía eléctrica.

O acordo tiña por obxecto requirir a actuación do Ministerio de Industria para minorar o impacto do alto prezo da electricidade nos custes de produción da empresa Alcoa, garantir a viabilidade da súa actividade no futuro e os empregos asociados aos centros de traballo da multinacional do aluminio en Galicia.

OS NACIONALISTAS CHEGAN TARDE

Por todas estas razóns os populares entenden que a iniciativa parlamentaria que o BNG presentou para o seu debate no pleno de mañá “chega tarde” e “insiste nos mesmos argumentos” respecto dos que xa existe un acordo parlamentario expreso. Extremo que os populares defenderán no debate de mañá. Tamén en base a este mesmo acordo existen acordos unánimes en varios concellos mariñáns, que aprobaron unha moción promovida polo Partido Popular.

COMPROMISO DO GOBERNO CENTRAL E AUTONÓMICO

Do mesmo xeito desde o PP lembran que, tal e como fixo público a Delegada Territorial da Xunta en Lugo nas pasadas datas, e coñecen a dirección de Alcoa San Ciprián e os integrantes do Comité de Empresa, o Goberno central comprometeuse co Executivo galego para desenvolver un tratamiento específico para a tarifa eléctrica de grandes factorías, algo que beneficiará á fábrica de Alcoa en San Cibrao.

O compromiso implica -segundo explicou a Delegada Territorial da Xunta en Lugo- ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, logo de que o pasado luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivera unha xuntanza co ministro, José Manuel Soria, para buscar unha solución ao problema que manifestaba Alcoa para manter a actividade na Mariña lucense.

Exit mobile version