Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo quere saber quen pagou a viaxe do alcalde a Bruxelas

O PP de Ribadeo pídelle ao Alcalde que aclare se viaxou a Bruselas como invitado polo partido do BNG ou ben o fixo como Alcalde de Ribadeo sendo sufragado a sua viaxe polo Concello.

Dende logo o PP nada vai ter que dicir no caso de que Fernando Suárez fixera esta viaxe como membro do BNG, o que cabería pensar, xa que da sua viaxe só trascendeu que fora recibido por unha deputada do BNG no Parlamento Europeo, sen que se teña conñecemento de que fora recibido por nengún representante da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa EU da Xunta de Galicia, nen da Fundación Galicia Europa entidade sen ánimo de lucro vinculada funcionalmente conesta Dirección Xeral, institucións ámbalas dúas dende as que se promoven todas aquelas accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa, desenvolvendo entre outras funcións a de prestar apoio as autoridades, locais, provinciais ou autónomicas, que llo requiran, na organización de visitas Institucionais dentro da UE, co fin de facilitarlles o desenvolvemento das xestións, a realización de visitas institucionais e a consecución de obxetivos positivos.

En todo caso, o certo é que do publicado na prensa cabe pensar que a súa viaxe foi na calidade de Alcalde do nóso Concello, suposto no que sí temos algo que dicir, pois coa que esta a caer neste país, no que tódalas administracións públicas debido á críse están a priorizar nos seus recursos, non resulta, cando menos, doado de entender que o Alcalde se desprazara ata a cidade de Bruselas co só obxetivo de comunicarlle a un cargo da UE que a Praia de As Catedrais precisa dun Plan de usos e servicios, e ter volto desta viaxe coas máns valeiras sen negún resultado positivo para a nosa vila nen económico nen doutro tipo.

Que esixte unha necesidade dese Plan non é algo novo que veña a descubrir agora o Alcalde, o que sí é novo é o seú interese sobre o tema, pois se perxuizo das actuación doutros, o certo é que fai preto dun ano o GM do PP presentoú no Concello unha Moción que contén un plan de usos e servicios para A Praia de As Catedrais, moción que, e non obstante os requerimentos que se fixeron para que se debatera, a día de hoxe segue no caixón do Alcalde.

É rexeitable que o Alcalde se negué a debater no Concello sobre este asunto e de boas a primeiras viaxe 3000 Km por Europa para explicarlle a alguén que en Ribadeo se precisa dun plan de usos e servicios para a Praia de As Catedrais… Entendemos que “para esa viaxe non facían falla tantas alforxas” e que, ante a situación de dificultad económica, en vez de gastar os cartos, se foi o caso, do Concello, houbera sido dabondo con que lle remitira unha comunicación ao organismo en cuestión dando a coñecer a situación e as necesidades existentes no noso Concello.

Dende o PP pedímoslle ao Alcalde que sendo este un asunto de importancia esencial para o desenvolvemento da nosa Vila, non abuse da maioria de que goza no Concello e, antes de lanzarse a aventuras no extranxeiro, percure por unha beira, acadar o consenso e o apoio dos outros grupos con representación no Concello, e por outra, acadar o apoio das Administracións máis cercanas, Concellos limítrofes, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e Goberno Central, pois o que a experiencia ten demostrado é que a sóa voz dún na UE, por moito que berre, difícilmente vai ser escoitada, en tanto que da unión e da actuación conxunta de todos, aínda que sendo difícil, poidera obterse algún resultado positivo para a nosa vila.

Exit mobile version