O PP de Lugo constitúe o conxunto da xestora Riotorto que lidera Clemente Iglesias González
Acompáñano como vogais José Luís Lourido, Manuel Rivas, Silvia Díaz, José García, Moisés Salgado, José López, Manuel Pol, Antonio García, María José Portela e Carlos Basanta
Ademáis do xa coñecido presidente local Clemente Iglesias figuran como vogais: José Luís Lourido, Manuel Rivas, Silvia Díaz, José García, Moisés Salgado, José López, Manuel Pol, Antonio García, María José Portela e Carlos Basanta.
Nas xuntanzas mantidas entre a Dirección Provincial do Partido e a candidatura de Riotorto, Clemente Iglesias foi considerado a persoa idónea para ocupar este rango.
O recente nomeado Presidente da Xestora do PP en Riotorto se iniciou na actividade política no 2011, postulándose como candidato á alcaldía nas pasadas eleccións municipais do mes de maio. É funcionario no Concello, onde exerce as funcións de Secretario do Rexistro Civil e do Xuzgado de Paz, entre outros.
A Dirección Provincial do PP decideu levar a cabo estas modificacións posto que facía moito tempo que non se renovaba