O PP burelés fai balance do primeiro ano de goberno municipal.
A agrupación local continúa o contacto permanente coas bases e a cidadanía.
Celebrarán unha asamblea de afiliados e simpatizantes mañán, martes.
Burela, a 25 de xuño de 2012.- A agrupación local do Partido Popular de Burela celebrará mañán, martes, día vinteseis de xuño, unha asamblea de afiliados e simpatizantes na antiga biblioteca, ás nove e media da tarde, cunha doble finalidade: por un lado, continuar coa campaña que se leva a cabo polo partido a nivel institucional de explicar os motivos e os argumentos das distintas reformas que está a levar a cabo o goberno que preside Mariano Rajoy, e por outro explicar o traballo e a xestión feita no primeiro ano de goberno municipal, centrándose sobre de todo no aspecto económico, á vista da desastrosa herdanza recibida do bipartito.
Deste xeito, o PP burelés continúa co seu traballo de contacto permanente coas súas bases e en xeral coa cidadanía. De feito, o PP celebrou neste mes de xuño dúas reunións noutros tantos barrios de Burela, e tén previsto celebrar outras tres nos próximos días, co obxectivo de achegar ós veciños e veciñas toda a información posible sobre o que está a pasar na vida política, especialmente a nivel concello, e tamén para recoller suxerencias sobre o traballo a levar a cabo no futuro.
O PP de Burela é unha das agrupacións máis activas en toda a provincia, como o reflicten os seguintes datos: alomenos unha reunión mensual do seu comité local, entre tres e catro asambleas de afiliados cada ano, e reunións periódicas polos barrios de Burela alomenos dúas veces ó ano. Ademais, o PP burelés tén funcionando unha comisión de coordinación entre o partido e o equipo de goberno municipal, co obxectivo de non perder nunca de vista as inquedanzas e o sentir da veciñanza.