Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela fai balance dun ano incidindo nas medidas para sanear a economía do concello

GONZÁLEZ BARCIA DESTACOU COMO PRINCIPAIS LOGROS DO PRIMEIRO ANO DESTE MANDATO A APROBACIÓN INICIAL DO PXOM, O COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO PARA CONSTRUIR UNHA GARDERÍA, OS 60.000 METROS CADRADOS DE SOLO ADICIONAL RESERVADOS PARA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA E AS MEDIDAS, ALGUNHAS DIFÍCILES, ADOPTADAS PARA SANEAR A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO.

Burela, 27 de xuño de 2012. A aprobación inicial do PXOM e o compromiso da Xunta para construir unha nova gardería en Burela son algúns dos logros acadados polo equipo de goberno do Concello de Burela ao longo do seu primeiro ano de mandato. O alcalde, José María González Barcia, tamén se referiu ao acceso ao porto, á caótica situación económica que sofriu o Concello e a algunhas das difíciles medidas que tivo que adoptar nestes 12 meses.

O rexedor comezou falando da situación económica do Concello, “puxemos en orde a situación económica, que era absolutamente caótica, había facturas sen pagar por parte do bipartito, que nos levaron a ter que firmar unha operación de crédito por importe de 1.100.000 euros. Deste xeito pagamos todas as facturas pendentes, entre as que había 100.000 euros derivados da nosa etapa anterior. E a partires de aquí empeza unha nova etapa na que non se vai gastar máis do que se ten. Non podemos gastar máis do que ingresamos”.

O equipo de goberno valora como fundamental para o futuro do concello a aprobación inicial do PXOM. González Barcia lembrou que “cando chegamos ao Concello dixemos que no primeiro trimestre deste 2012 iamos aprobalo inicialmente e así o fixemos. O documento estivo en exposición pública durante 60 días e estou en disposición de afirmar que o poderemos aprobar provisionalmente o PXOM no que queda de ano. Éste é un documento fundamental para marcar as normas, as pautas, as bases do planeamento urbanístico de Burela e o posterior desenvolvemento do mesmo”.

O Hospital da Costa tamén centrou o balance do primeiro ano de mandato do PP no Concello de Burela nesta nova etapa. Dentro do PXOM inclúese solo adicional, algo máis de 60.000 metros cadrados, para a ampliación do Hospital da Costa. O alcalde indicou que “foi en base á xestión deste alcalde e deste equipo de goberno polo que se chegou a enviar por parte da naquel momento conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, en novembro do ano pasado unha carta a este Concello na que se solicitaba información sobre os metros cadrados dispoñibles para unha ampliación do hospital”.

José María González Barcia engadiu que “o mesmo acontece coa segunda gardería coa que vai contar Burela. Nos primeiros días de decembro do ano pasado no Boletín Oficial do Estado se recolle un convenio asinado entre o goberno central e a Xunta de Galicia para a construcción dunha serie de garderías, unha delas en Burela de 41 prazas e 3 unidades, gracias á xestión levada adiante polo PP burelés, que sempre dixo que esa segunda gardería era necesaria, pero que habería que poñer a disposición da Xunta novos terreos para facer ese edificio. O bipartito quería aproveitar a Casa do Mar, que é un inmoble que é moi difícil recuperar como escola infantil”. O rexedor burelés considera que “dita escola infantil non se vai construir da noite para a mañá, entre outras cousas porque aínda que a reserva de solo no PXOM está feita, hai que aprobar definitivamente o plan ou buscar algunha outra alternativa”.

Acceso ao porto

O equipo de goberno convenceu á Xunta da necesidade dunha nova estación depuradora de augas residuais para Burela. González Barcia manifestou que “para esto hai que falar coa Xunta e coas distintas administracións, e eso sí hai algunhas que dialogan máis que outras e nós coa Xunta dialogamos bastante e por eso se van conseguindo cousas e se vai falando outras, como por exemplo do acceso ao porto, que é un reto que nos preocupa e nos ocupa. Estamos seguros de que a Xunta ten nas súas previsións construir ese acceso ao porto de Burela”.

Para o alcalde “éste foi un primeiro ano para sentar as bases do que queremos que sexa o concello de Burela, foi un ano onde tamén houbo que tomar decisións difíciles e complicadas, que non nos gustaron, pero non quedaba máis remedio que adoptalas para sanear a economía de Burela e garantizar que os servizos básicos e de educación, que son competencia do Concello, funcionasen. E a xente, aínda que ao principio non viu con demasiados bós ollos algunhas destas medidas, agora entende a mensaxe de que non se pode gastar máis do que se ten. E hai lembrarlles aos veciños e ás veciñas de Burela que os ingresos do Concello se reduciron con respeto a anos anteriores”.

González Barcia cre que “estamos a actuar dunha maneira seria e rigurosa e o que non imos facer nunca é provocar que unhas festas patronais lle costen ao Concello 70.000 euros cando se pode arreglar o asunto con 30.000 euros. A esa situación non imos chegar nunca, non imos copiar o que outros fixeron, sobre todo o que fixeron mal”. E concluiu a súa intervención sinalando que “neste ano se puxeron unhas bases sólidas para o asentamento do Concello como administración e como institución, e para o asentamento de Burela e do seu tecido socioeconómico. De feito impulsamos a posta en marcha da Asociación de Comerciantes e colaboramos con ela, porque consideramos que é unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento do noso tecido socioeconómico e do mesmo xeito estaremos como estamos permanentemente apoiando ao sector pesqueiro, porque o dato do volume de venta directa do ano pasado de ABSA, que foi de 74 millóns de euros, é suficientemente elocuente”.

O equipo de goberno do Concello de Burela, que esta mañá compareceu en rolda de prensa, fará todo o posible “para que estes retos se vaian facendo realidade pouco a pouco. Nun ano nós conseguimos comprometer máis inversión externa que o bipartito en catro, ademáis de amañar os desaguisados que deixaron feitos en toda orde de cousas”.

Exit mobile version