EXCELENTES RESULTADOS DAS XIMNASTAS DE XOVE NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR
O pasado sábado 2 de maio, durante toda a mañá, tivo lugar no Pavillón dos Remedios de Ourense a FASE FINAL DO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE XIMNASIA RÍTMICA, na cal a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove presentou dous equipos, nas categorías alevín e cadetes. Os resultados obtidos foron excelentes, especialmente o equipo cadete:
-Equipo Alevín: clasificado 8º entre 13 equipos.
-Equipo Cadete: clasificado 2º (SUBCAMPIÓN GALEGO) entre 13 equipos.
A Escola Municipal de Xove foi a única, dentro das escolas municipais participantes de toda Galicia, que logrou colocar un equipo dentro dos tres primeiros clasificados. Todo un éxito que permite celebrar ao grande os 20 anos da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove.