NA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO
Todos os cidadáns da Mariña de Lugo son conscientes da importancia da empresa
Alcoa nas súas vidas, na vida social, económica e laboral nesta comarca é por todos
coñecido, e o que o seu peche suporía un golpe na vida da Mariña que levaría déca-
das poder reparar. Coa chegada de Alcoa chegaron servizos moi importantes para to-
dos os cidadáns desta comarca como (Hospital da Costa, Institutos e centros educa-
tivos, centros deportivos, etc…), e estos servizos correrían perigo sin a continuidade
de Alcoa na comarca.
Desta empresa dependen directamente 2000 familias que fan a súa vida na comarca,
pagan os seus impostos, fan as súas compras nos comercios e participan activamente
na vida social, creando riqueza e inversións nunha comarca na que non temos ningún
tipo de industria que poidera absorver a deslocalización da factoría de Alcoa.
Alcoa consume tres millóns e medio de megavatios de electricidade cada ano, o que
lle supón un 40% dos gastos do proceso productivo do aluminio primario, có que
pode considerarse como a materia prima da producción de aluminio, e calquera al-
teración dos prezos da enerxía que lle suministran sería un duro revés e poría en peri-
go a productividade da planta, esto suporía un grave risco de deslocalización da súa
producción. A mesma importancia ten para nós que o gaseoducto proxectado para
suministrar de gas á planta de Alúmina esteña rematado en prazo, xa que grande
parte do futuro desta planta pasa por poder dispoñer do gas para os seus procesos.
Esta empresa supón o 30% do producto interior bruto (PIB) da provincia de Lugo, có
que o golpe non sería só para a comarca da Mariña, senón que o impacto se notaría
en toda a provincia.
Por todos estes motivos o Comité de Empresa os traballadores de Alcoa e os tra-
balladores das empresas auxiliares, pedimos os cidadáns da Mariña que apoie as
nosas reivindicacións e participe nos actos que convoquemos, que comezaremos o
vindeiro día 6 de xullo o Comité de Empresa ten convocada unha manifestación en
Viveiro ás 20:00 horas.
Pedimos a vosa participación na mesma.
NA DEFENSA DA MARIÑA
¡MOBILÍZATE!