“O Clube de Remo Celeiro comezará a funcionar novamente o vindeiro luns día 2 de xullo, ofrecemos cursos de verán durante os meses de xullo, agosto e setembro”
“O obxetivo que nos plantexamos dende a asociación, é principalmente que os rapaces e rapazas de Celeiro, e por extensión, de Viveiro e o resto da Comarca da Mariña, que mostren o seu interese, aprendan a remar e practiquen o remo en batel”
A directiva da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín, anuncia que o vindeiro luns se porá en marcha novamente o CLUBE DE REMO CELEIRO xa que fixemos efectiva a contratación dun adestrador, que poña novamente o clube a funcionar, co obxetivo de ensinar aos rapaces e rapazas de Celeiro, Viveiro e toda a Comarca da Mariña, que estén interesados en remar.
O luns, materemos unha reunión previa con todos os interesados ás 18 horas nas instalacións do Clube de Remo, para comezar a nova andaina, ademais de ofertar a todas e todos os interesados da Comarca da Mariña, “Cursos de verán” para aprender a remar. As categorías nas que se pode anotar son en alevín, infantil, cadete, xuvenil e senior, tanto feminino como masculino.
Para máis información os e as interesados, poden enviar un mail a colectivochilindrin@gmail.com ou chamar ao teléfono: 617783747
Ademais o Clube de Remo Celeiro, como colaborador coa organización, anima a toda a xente da comarca a achegarse á I Bandeira da Deputación de Lugo de Traiñeiras, que se celebrará o vindeiro fin de semana en Celeiro.