Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma en Defensa do Ensino asegura que na provincia de Lugo reduciranse 40 unidades en 31 centros e 54 mestres

Unha vez a Xunta aproveita que xa rematou o curso escolar para sacar o listado de supresión de unidades e Mestres da provincia de Lugo.

Nesta provincia vanse reducir 40 unidades nos 31 centros de primaria afectados o que conleva a reducción de 54 mestres, dos cales 5 son especialistas en Pedagoxia Terapeutica, unha vez demostra este goberno o pouco que lle importa a atención a diversidade.

Nesta reducción podemos comprobar outra das cousas que a este goberno lle encanta DESMANTELAR O RURAL pois todolos centro pertencen o rural lucense. Cada vez menos servizos para as familias que nel viven e que son unha parte moi importante do mantemento da nosa cultura. Esta claro que a pretensión deste conselleiro é volver as escolas unitarias, as escolas da época franquista, escolas onde un mestre se facia cargo de todolos nenos da redonda e onde por razons evidentes non se podía prestar igual atención a todolos nenos, pois hacia eso imos.

Esta claro que para o rural non hai diñeiro e esta en crises pero para aumentar os concertos e darlles axudas para o fomento do uso do galego, a contratación de PT e AL si.

Este mercores a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Publico manifestarase en Santiago diante do edificio de San Caetano da Xunta para protestar contra estes agrupamentos.

Exit mobile version