ALUMNOS DO IES PERDOURO LIMPARÁN A ZONA DO PERDOURO DE BURELA O VINDEIRO VENRES. A ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZADA POLA CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS.
Burela, 5 de xuño de 2012. A Delegación de Medio Ambiente e o IES Perdouro levarán adiante o vindeiro venres, 8 de xuño, coincidindo coa celebración do día mundial dos océanos, tarefas de limpeza na zona do Perdouro de Burela.
Segundo explica a concelleira Patricia López, “a actividade dará comezo ás 12 da mañá e rematará cara as 16 horas. Os alumnos de 4º de ESO realizarán o traxecto comprendido entre O Perdouro e a Igrexa de Coedo. Os rapaces virán con roupa e calzado cómodo e nós facilitarémoslles sacos de plástico e guantes”.
A edil de Medio Ambiente indica que “os rapaces recibirán información sobre o litoral e recollerán e separarán o lixo. Ademáis cubrirán unhas fichas coas que se fará un reconto da basura atopada na zona (lixo e mobiliario doméstico, plástico, vidro, latas, rodas, alquitrán, aceite, redes, cordas….). O obxectivo é conciencialos sobre os hábitos e as boas prácticas do litoral”.
Patricia López subliña que “queremos sensibilizar a este grupo de rapaces de 4º de ESO sobre o uso e disfrute da costa e potenciar valores de respeto hacia o litoral, facilitando os recursos necesarios activamente para a súa conservación”.