Site icon Crónica3.com A Mariña

Literatura, escultura, pintura e música inundarán o Eido Dourado en Barreiros

LITERATURA, ESCULTURA, PINTURA E MÚSICA INUNDARÁN O EIDO DOURADO MAÑÁ SÁBADO, 30 DE XUÑO.

Barreiros, 29 de xuño de 2012. Mañá sábado, 30 de xuño, terá lugar o IV Encontro no Eido Dourado, que contará coa presenza de Carlos Reigosa e Manuel Lourenzo. No acto, que dará comezo ás 20 horas, inauguraráse unha escultura de Fernando Villapol e soará a música de Mini e Mero, Tino Baz e Najla Shami.

Literatura, escultura e música protagonizarán o inicio da cuarta tempada do Eido Dourado. O seu artífice Celso Dourado asegura que “as instalacións acollerán este ano unha renovada exposición ademáis de recuperar un cuadro meu do ano 1983”. No IV Encontro no Eido Dourado inauguraráse unha escultura de Fernando Villapol, feita ex profeso para este espazo adicado ao arte. Na parte literaria, ademáis da xove poeta Laura Branco, estarán presentes e serán protagonistas o coñecido escritor Carlos Reigosa e o premio nacional de teatro Manuel Lourenzo. As intervencións dos tres estarán intercaladas por versos cantados e musicados por Mini e Mero.

No IV Encontro no Eido Dourado tamén estarán mañá Tino Baz, o gran herdeiro dos cantautores de Galicia e Najla Shami, mesosoprano de orixe palestino, que está a ser unha revelación nesta terra. Todo o acto será conducido unha vez máis pola actriz e xornalista barreirense Comba Campoy.

Celso Dourado subliña que “se trata dun acto aberto, todos aqueles que queiran gozar da parte poética, teatral e musical que saiban que están convidados. E ao final serviremos un viño galego e uns petiscos. É un acto aberto e gratuito”.

Con este evento quedará inaugurada a cuarta tempada do Eido Dourado. Ditas instalacións estarán abertas de martes a domingo, en horario de mañá e tarde, para disfrutar a carón do mar na praia da Pasada da pintura de Celso Dourado e do arte que se respira tanto nos xardíns coma nas propias instalacións deste espazo.

Exit mobile version