Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz: os anos 60

FOZ: OS ANOS 60

O modesto coñecemento da historia focega da 2ª parte do século XX fainos concibir que a década dos 60 foi a mais dinámica en orde ó desenvolvemento social, cultural, turístico e deportivo. E tamén acaso na que a veciñanza amosouse mais identificada coas iniciativas que agromaban., A razón de tal balance, que facemos de xeito mental, e polo tanto non documentado, podería estar, sobre todo, en dous feitos: a alcaldía que de 1958 a 1971 ocupou Pepe Beltrán que foi, ó noso ver, o alcalde máis interesado no espallamento da cultura e a promoción turística, e tamén no esforzo por involucrar ás xentes nelas. Beltrán, intelixente, estudoso e gran lector; con dotes para a palabra e a escrita ; condicións que se reflectían nas iniciativas e nas diversas intervencións , referidas a ambas cuestións, das que foi un avanzado da época.

Eran tempos de crise crónica que aínda non superara o trauma da guerra civil; ou sexa na que as “fames” presidían a vida cotiá: fame de pan, de liberdade, de cultura, de vestimenta, de coñecementos de todo tipo, de oportunidades; carencia absoluta da mais elemental tecnoloxía… cando a verba “subvención” era unha descoñecida. E por outra parte a Sociedade Cultural “Pena da Rapadoira” que viñera a dinamizar, en gran medida, a vida social. Abonda citar actuacións levadas a cabo só nos dous primeiros anos, co risco de que, sen dúbida, algunhas van quedar no esquecemento: creación do C.D. Foz/ Estadio M. Otero; lª Cabalgata de Reis, Gardería Infantil, Biblioteca Pública, Emisora de radio 1ªs. escavacións no Castro de Fazouro, Revista A Rapadoira, dotación de calefacción ó Asilo; trofeo Conde de Fontao de fútbol, Travesía en Piraguas á Ría que cumpre os 50 anos (todo un record digno de celebrarse); Escola Nautico- Pesqueira, representacións teatrais… Esta é a voapluma relación superficial, seguro que incompleta, de logros sociais, culturais e deportivos só nos anos 60/62. En vindeiras entregas, se os deuses nos son propicios, contaremos polo miúdo, de xeito breve, as vicisitudes de cada un.

Exit mobile version