Site icon Crónica3.com A Mariña

Folión de San Xoan en Alfoz

A noite do pasado día 23 de xuño, na Granda de San Pedro, en Alfoz, celebrouse o tradicional folión da noite de San Xoán. A Asociación Cultural e Xuvenil “O Castelo” organizou un acto variado e divertido. Primeiro houbo unha comida con sardiñas, panceta… Logo un grupo de veciños representou unha lenda popular: “A Bruxa-Araña do Cadramón”. A continuación acendéronse as fogueiras e celebrouse un concurso de caleiras, no que os motivos dominantes foron os relativos á crise económica. Logo sorteouse entre os asistentes unha cea no establecemento de turismo rural Casa Franco, de Adelán (Alfoz). Finalmente, o grupo de música tradicional “Tumb e Dálle” amenizou a velada ata altas horas da madrugada.

Exit mobile version