A noite do pasado día 23 de xuño, na Granda de San Pedro, en Alfoz, celebrouse o tradicional folión da noite de San Xoán. A Asociación Cultural e Xuvenil “O Castelo” organizou un acto variado e divertido. Primeiro houbo unha comida con sardiñas, panceta… Logo un grupo de veciños representou unha lenda popular: “A Bruxa-Araña do Cadramón”. A continuación acendéronse as fogueiras e celebrouse un concurso de caleiras, no que os motivos dominantes foron os relativos á crise económica. Logo sorteouse entre os asistentes unha cea no establecemento de turismo rural Casa Franco, de Adelán (Alfoz). Finalmente, o grupo de música tradicional “Tumb e Dálle” amenizou a velada ata altas horas da madrugada.
Folión de San Xoan en Alfoz
Folión de San Xoan en Alfoz
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería