O PP de Lugo explicou en Ribadeo a verdade das reformas do Executivo Central
Balseiro: “as medidas acometidas polo Goberno de Expaña empezan a dar resultados”
.O obxectivo da desta campaña informativa (www.laverdaddelasreformas.com) é decir a verdade das reformas que son a garantía do futuro e ao mesmo tempo tranquilizar e transmitir serenidade e confianza nos españois
Ribadeo, 5 de xuño de 2012.- O Secretario do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou esta tarde, en Ribadeo, as medidas acometidas polo executivo de Mariano Rajoy.
Acompañado pola Voceira do PP na Deputación, Elena Candia, e demáis Deputados Nacionais, Autonómicos e Provinciais, o Secretario dos populares lucenses manifestou que o seu partido está facendo fronte a esta mala situación económica, herdada dun goberno socialista, e tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir.
“Os resultados empezan a verse. Malia a recesión, España xera emprego”-manifestou Balseiro, quen lembrou os datos recén saídos no tocante ao emprego.
“77.431 afiliados máis á Seguridade Social. Terceiro aumento consecutivo en tres meses. Ademáis o número de contratacións supera o millón de persoas e aumenta a contratación indefinida. Tamén aumenta, por cuarto mes consecutivo, o emprego entre os autónomos. Con case cinco millóns de persoas sen emprego, as cifras continúan sendo moi negativas pero o goberno está garantindo as prestacións por desemprego en plena crise económica e cun orzamento austeiro ”- manifestou Balseiro.
O Secretario do PP de Lugo fixo tamén fincapé no Plan de Pago a proveedores nas administracións locais como impulso da confianza e credibilidade do país, definindo esta medida coma idónea para sanear, en parte, a difícil situación económica e financieira dos nosos Concellos y CCAA.
Asegurou Balseiro que algúns partidos están intentando alertar a poboación provocando inquietude, e moitas veces medo na cidadanía, cando son reformas para garantir o futuro das xeracións. Insistíu, que o Partido Popular sae a rúa para dar a cara e decir a verdade destas reformas, que son, malia que duras, necesarias para saír desta crise provocada por un goberno socialista.
Asembleas informativas, reparto de dípticos informativos e algunha rolda de prensa son a tónica predominante en tódolos concellos lucenses ata a última semana deste mes de xuño, que será cando esta campaña informativa porá o seu punto e final.