Torneo Interparroquila de Billarda
Iste ano como novidade e cordinado polas Conferencias do Salnés e maila do Centro, xa ten comezado o “I circuito de verán”. Trátase d’unha serie de abertos cara a consecución da “chaqueta de pana”. Título que acadará o palanador/a que mais puntos consiga nos ditos abertos que rematarán o 9 de setembro.
Suliñar tamén como novidade que a asociación “O Varal” ten sido convidada polos Centros IES Gamallo Fierros e CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, para participar nas actividades de peche de curso cunha mostra da billarda diante dos alumnos dos cursos mais avanzados e ca participación multitudinaria dos mesmos alumnos dirixidos en todo momento por dous expertos palanadores da LNB.
Entre tanto aberto de verán, unha data moi agardada é a do torneo interparroquial que se vai disputar o vindeiro sábado 30 de xuño. Un torneo por equipos que encadran a xogadores do mesmo lugar ainda que cada un deles compita habitualmente defendendo outros colores.
Os equipos estarán formados por CINCO PALANADORES/AS e teran que ir eliminándose ata que so quede un, que se fará dono do AÑO MOURO, o equipo que resulte en último lugar terá un premio de consolación consistente nunha “cullere de pau” como recordo.
O aberto xogarase no campo de futbol da area recreativa de A DEVESA, donde a partires das 11,30 h. darán comezo as eliminatorias. Contra as 14,00 h. faremos unha parada para xantar todos xuntos no Restaurante A Parrilla para posteriormente seguir co torneo ate o remate do mesmo.
Como fin de festa, Miguel Alonso e a sua Banda faran apresentación do seu disco “A noite dos Cans” no Rockuncho de Ribadeo.
Para poder facer con tempo a reserva do xantar, confeccionar cadros de eliminatorias etc. etc. márcase como data tope de inscripción de equipos o mércores 27 as 24,00 h. Podedes anotarvos polos conductos habituais de mail ou tlfno. Agardamos por vos.