O salón de actos da Casa da Cultura acollerá mañá martes, 26 de xuño, o festival fin de curso da Escola de Música Municipal de Burela. Será a partires das 20 horas, segundo informa hoxe a Concellería de Cultura. Os que asistan a esta cita poderán disfrutar de pezas de Brahmns, Beethoven, Vivaldi, Haëndel ou Vangelis, entre outras. Tamén se escoitarán a marcha do antigo reino de Galicia, a muiñeira do Chao, ou mesmo un rock and roll.
Festival fin de curso da Escola de Música Municipal de Burela
Festival fin de curso da Escola de Música Municipal de Burela
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería