Site icon Crónica3.com A Mariña

Establecementos comerciais de Foz admitirán pago con pesetas do 11 ao 24 de xuño

PAGA CON PESETAS É O ESLOGAN DA NOVA CAMPAÑA QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE FOZ. DO 11 AO 24 DE XUÑO SERÁ POSIBLE EMPREGAR ESA MONEDA NOS PRETO DE TRINTA LOCAIS PARTICIPANTES.

Foz, 6 de xuño de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Foz organiza a campaña Paga con pesetas, que se desenvolverá do 11 ao 24 de xuño nunha treintena de comercios e locais de hostalería.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, explica que “nesta nova iniciativa que poñeremos en marcha neste mes de xuño vánse admitir os pagos das compras en pesetas. Hai xente que aínda conserva cartos nesta moneda e queremos que os poidan empregar mercando no noso comercio ou saíndo de viños, a comer ou a cenar na hostalería focense”.

Paleo sinala que “a proposta foi realizada nunha xuntanza que mantivemos a semana pasada e queremos realizala xa do 11 ao 24 de xuño. É a primeira vez que a Asociación de Comerciantes de Foz fai unha campaña destas características”. E engadiu que “o obxectivo é animar as ventas no comercio e na hostalería ás portas de temporada forte de verán”.

Os establecementos participantes son: Decoraciones Pura, S.L., Milar Electrofoz, Arrullos, Chinela, Pi-R Hombre, Ginzo Hombre-Mujer, María Docampo, La Flor Abulense 2, Ofifoz, Suministros Veipa, Centro Óptico Eliseo, Belianorte (Cenor), Electricidad Núñez, Viajes Rodríguez, Anduriña, A Bolera, Acuario, Dallas, Dandy, Leyton, O Rincón de Anita, O Taco, A Funcional, As Brasas, Portochico, O Náutico, A Maseira, A Rula e A Viña.

Exit mobile version