Site icon Crónica3.com A Mariña

Economía e Industria desenvolve na Mariña un proxecto para promover a colaboración entre empresas

Economía e Industria desenvolve na Mariña un proxecto piloto para promover a colaboración entre empresas

· A iniciativa, destinada aos axentes de emprego e desenvolvemento local da comarca, fomenta a creación de vínculos entre as compañías.

· Os participantes coñecerán experiencias de éxito levadas a cabo noutras zonas.

Santiago, 28 de xuño de 2012.- A Consellería de Economía e Industria, a través de BIC Galicia, vén de poñer en marcha na Mariña un proxecto piloto para impulsar a creación de redes de colaboración entre as empresas da zona, no que participan os axentes de emprego e desenvolvemento local da zona, ao abeiro do Plan Impulsa Lugo.

Durante o desenvolvemento desta iniciativa, que se puxo en marcha o pasado 19 de xuño en Foz, os axentes reciben unha formación innovadora na que coñecen experiencias de éxito doutros axentes que souberon sacar partido á rede empresarial da súa zona xerando sinerxias entre as empresas para facer fronte á actual situación económica.

Deste modo, adquirirán os coñecementos e habilidades necesarias para crear as devanditas redes na Mariña lucense, sensibilizando ao entorno para a cooperación empresarial e xerando lazos formais e informais de colaboración.

Para levar a cabo este proxecto cóntase con profesionais expertos na aplicación dunha metodoloxía innovadora de formación baseada no contacto directo e presencial e con ampla experiencia na creación de redes. Os resultados deste proxecto serán presentados a finais de ano.

Exit mobile version