Site icon Crónica3.com A Mariña

As praias de Burela estarán listas para o uso e disfrute dos bañistas a partires do 20 de xuño

AS PRAIAS DE BURELA ESTARÁN LISTAS PARA O USO E DISFRUTE DOS BAÑISTAS A PARTIRES DO 20 DE XUÑO, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR PATRICIA LÓPEZ EIJO.

Burela, 5 de xuño de 2012. As praias de Burela estarán listas para o uso e disfrute dos bañistas a partires do 20 de xuño, segundo sinalou este mediodía a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.

A edil popular indicou que “hoxe mesmo comezamos as labores de adecuación e preparación dos areais de Burela de cara á temporada de verán. Iniciamos a limpeza de maleza que se foi acumulando durante todos estes meses e previsiblemente mañá iniciaránse as labores de limpeza dos areais propiamente ditos”. López Eijo recoñeceu que “na praia de A Marosa hai unha alta concentración de diverso material arrastrado polo mar nos últimos meses. Para a súa retirada contaremos coa axuda de Tragsa e calculamos que aproximadamente polo día 20 as nosas praias estarán en perfecto estado”.

A concelleira de Medio Ambiente engadiu que “nos vindeiros días colocaremos tamén as duchas, lavapés, etc.”.

Exit mobile version