Comunicado Afectados Participacións Preferentes A Mariña
Xa son varios os casos de afectados polas participacións preferentes na Mariña Lucense,
temos casos confirmados no Valadouro, Foz e Burela.
Por todo isto, estamos a organizar unha reunión para a creación dunha Plataforma de
Afectados para presentar as reclamacións necesarias e poñer en coñecemento da prensa
estes casos.
E un tema moi serio, estamos a falar dos nosos aforros, do diñeiro acumulado polo
traballo de moitos anos, sabemos que hai moitas persoas afectadas, casos diferentes
pero con un nexo común, O ENGANO POR PARTE DAS ENTIDADES BANCARIAS E A FALTA DE INFORMACIÓN.
Esta fin de semana estamos a preparar unha reunión para organizarnos e coñecer caso
por caso das persoas afectadas.
Se ti es un dos afectados ou pensas que podes selo, non tes información e non sabes que
facer, podes poñerte en contacto con nós de tres maneiras diferentes:
1) Unirte a noso perfil de facebook: Afectados Participacións Preferentes A Mariña
e enviarnos unha mensaxe privada.
2) No seguinte enderezo electrónico: afectadospreferentesamarinha@gmail.com
3) Ou ben no número de teléfono: 608 191 779.
Non teñades medo en reclamar o que é voso, sabemos que hai moita xente que nestes
intres non sabe como proceder nin que facer, pero pensade que se nos quedamos calados
e cos brazos cruzados seguirán saíndose coa súa, non somos uns poucos como dicían ao
principio, somos milleiros de persoas as afectadas por esta ESTAFA BANCARIA.
Contáctanos e manterémoste informado/a do día e hora da reunión, todos xuntos
podemos!
Non podemos permitir que se queden co noso diñeiro deste xeito.
Esiximos UNHA SOLUCIÓN XA!