Site icon Crónica3.com A Mariña

Abre no peirao a oficina de turismo de Burela que atenderá aos visitantes durante todo o verán

HOXE ABRE AS SÚAS PORTAS NO PEIRAO A OFICINA DE TURISMO, QUE FUNCIONARÁ EN HORARIO DE 10:30 A 13:30 E DE 17:00 A 20:30 HORAS.

Burela, 21 de xuño de 2012. Hoxe abre as súas portas no peirao a oficina de turismo, que durante todo o verán dará información aos turistas que se acheguen á vila sobre todas as posibilidades que lles ofrece Burela. Funcionará en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas.

A concelleira de Turismo, Mónica Pedre, sinalou que “hoxe coa chegada do verán cambiamos a ubicación da oficina de turismo. Durante o resto do ano atende a quen nos visita no Concello e agora trasládase ao porto, que é un dos puntos máis visitados de Burela, xunto co barco museo Reina del Carmen, ou o Monte Castelo”.

A edil popular tamén anunciou que “tamén hoxe se incorpora ao barco museo Reina del Carmen unha persoa máis, que realizará labores de mantemento e de guía ata finais deste 2012”. Pedre subliña que “esta embarcación é un referente a nivel turístico en Burela, é o único barco museo de España que conta con bandeira azul, un distintivo que logrou por primeira vez hai dez anos”.

Pola súa banda, a concelleira de Mar, Patricia López Eijo, indicou que “esta embarcación, que se adicou no seu día á pesca do bonito, está agora máis coidada e mellor atendida que nos catro anos do bipartito. O Reina del Carmen foi reparado o pasado mes de outubro no varadero. Alí foi sometido a un lavado a presión, que permitiu detectar algunhas anomalías e correxilas. O barco museo non fora reparado nin revisado desde o ano 2007, momento no que o bipartito chegou ao Concello de Burela”. Eijo e Pedre incidiron en que “desde o Concello coidaremos todo o que se poida o Reina del Carmen, porque é un referente turístico importantísimo”.

Exit mobile version