Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza do Concello en Barreiros acollerá unha xornada lúdica sobre o consumo de peixe e marisco

A PRAZA DO CONCELLO SERÁ ESCENARIO O VINDEIRO 5 DE XULLO DUNHA XORNADA LÚDICA SOBRE O CONSUMO DE PEIXE E MARISCO DESTINADA A NENOS E NENAS CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 5 E OS 16 ANOS. A INSCRICIÓN ESTÁ ABERTA ATA O MÉRCORES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

Barreiros, 28 de xuño de 2012. A praza do Concello en Barreiros acollerá o vindeiro 5 de xullo unha xornada lúdica sobre o consumo de peixe e marisco Ponlle as pilas ao teu bocata.

A actividade está destinada a nenos e nenas de 5 a 16 anos e o límite de prazas é de 50. Os interesados en asistir deben inscribirse ata o 4 de xullo no departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de 9 a 14 horas.

En dita xornada “informaráse dos beneficios das conservas e das enerxías que aportan. A actividade consiste na realización dun xogo lúdico-educativo e a posterior realización de bocatas de conservas por parte dos nenos asistentes”, segundo explican desde o Servizos Sociais municipais.

Ponlle as pilas ao teu bocata desenvolveráse na praza do Concello o 5 de xullo a partires das 11 da mañá, aínda que si a climatoloxía non o permite, a actividade trasladaríase ao pavillón do CEIP San Miguel de Reinante.

A xornada está organizada pola Concellería de Servizos Sociais de Barreiros e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Exit mobile version