A FACTURA DO ALUMEDO PÚBLICO DAS RÚAS DE BURELA REDUCIRÁSE DE MEDIA AO ANO NUNS 50.000 EUROS, TRAS O APAGADO DE PUNTOS DE LUZ. GONZÁLEZ BARCIA AGARDA QUE A MEDIDA, ADOPTADA HAI NOVE MESES, SEXA TRANSITORIA E QUE SE POIDA PROLONGAR COMO MOITO UN INVERNO MÁIS.
Burela, 25 de xuño de 2012. A factura do alumeado público das rúas burelesas reduciráse de media ao ano nuns 50.000 euros, segundo os datos aportados hoxe polo alcalde, José María González Barcia, despois do plan de aforro enerxético e económico posto en marcha hai uns 9 meses.
O rexedor lembrou que “en setembro do ano pasado desde o equipo de goberno decidimos, como medida de aforro e diante da baixada considerable de ingresos que estaba a ter o Concello, eliminar puntos de luz no alumeado público. Hai rúas de Burela onde agora mesmo hai un punto de luz encendido e outro apagado de forma alternativa”. González Barcia dixo que “esta medida ao principio xenerou un certo malestar entre a cidadanía porque cando hai algún tipo de axuste o lóxico e o normal é que a algúns cidadáns eso non lles guste. Agora é o momento de explicarlles cantos cartos estamos a aforrar con esa medida, e digo aforrar non no sentido de que eses cartos que se aforran se vaian a destinar a outra cousa, senón simplemente que si se produce unha baixada considerable de ingresos no Concello o que hai que facer é reducir gastos para aplicar a máxima de que non se gaste o que non se ten”.
O alcalde de Burela indicou que “por término medio cos datos que temos agora mesmo e despois de realizar unhas comparativas das facturas que nos foron chegando desde que comezamos a facer ese apagado e tendo en conta os datos que temos en canto a prezos de enerxía, etc… o aforro anual medio pode estar entre os 40 e os 50 mil euros, unha cifra importante. De feito o ano pasado había presupostados un total de 150.000 euros para o alumeado público das rúas de Burela, e neste 2012 contamos que non se gaste máis de 110.000 euros ou incluso que aínda esa cifra poida baixar. Estamos a falar dun aforro mínimo de 40.000 euros de media anual cos datos que manexamos neste momento. Agardo e confío que esa media de aforro continúe”.
González Barcia agarda que este plan de aforro enerxético e económico non se prolongo durante moito tempo, “pola nosa banda, a intención do equipo de goberno é que na medida en que se normalicen os ingresos do Concello ou aumenten o lóxico sería que os puntos de luz se vaian encendendo. Agardo e confío en que esta medida, como todas as que estamos tomando, sexa transitoria e que se poida prolongar como moito un inverno máis. E isto hai que decirllo aos veciños porque son os que realmente notan os efectos desa situación”. Para o rexedor burelés “a medida adoptóuse igual que outras. Son medidas que a nós tampouco nos gustan, pero hai que adoptar medidas cando baixan os ingresos para facerlles fronte aos gastos que temos. Os cidadáns entenden e comprenden a medida, aínda que non lles gusta, porque todos saben que un non debe gastar aquelo que non ten, e para que iso sexa así hai que axustar e un dos camiños para realizar ese axuste foi a adopción desta medida”.
O rexedor subliñou que “con cargo a ese plan de pago a proveedores o Concello de Burela abonóulle a EON 210.000 euros en facturas pendentes, algunha delas do ano 2010. Agora non se lle adebeda nada de épocas anteriores”