A mostra inclúe 27 pinturas, a maioría óleos, nos que destaca a figura humana.“Desde cero” é o título da exposición que o artista caboverdiano vén de inaugurar na Casa da Cultura de San Ciprián, nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e membros do goberno local. Trátase dunha colección óleos, acrílico e esmalte. “Desde cero” é opera prima de Antonio Robalo. Pode visitarse dende hoxe ata o 15 de xullo na Casa da Cultura de San Ciprián, en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.