Agustín Hernández asina o luns co alcalde de Ribadeo un convenio para realizar os primeiros traballos de recuperación do núcleo de Rinlo
A primeira actuación será o acondicionamento do parque de Santa Catalina, eliminando o estacionamento e pavimentando e colocando mobiliario urbano, e implica un investimento de 140.000 euros
Santiago, 18 de maio de 2012.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinará o vindeiro luns, 21 de maio, co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, un convenio para executar as primeiras obras de recuperación do núcleo de Rinlo.
Trátase dunha actuación que será a primeira das obras para a recuperación do núcleo de Rinlo, que implica un investimento de 140.000 euros, e que se centrará no acondicionamento do parque de Santa Catalina.
Na actualidade, este parque dispón dunha área infantil no centro, unha superficie para o estacionamento e unha vía perimetral, unha situación que resulta incluso perigoso para os nenos. A proposta da Consellería é eliminar o estacionamento, manter o parque e permitir o paso de vehículos, pavimentando e colocando mobiliario urbano.