Site icon Crónica3.com A Mariña

As concellerías de Educación e Sanidade de Burela organizan unha xornada sobre alimentación infantil

AS CONCELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SANIDADE ORGANIZAN UNHA XORNADA SOBRE ALIMENTACIÓN INFANTIL QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO LUNS, 21 DE MAIO.

Burela, 18 de maio de 2012. O salón de plenos do Concello de Burela acollerá o vindeiro luns, 21 de maio, a partires das oito da tarde unha xornada sobre alimentación infantil.

A charla será impartida por Raquel Pereira, naturópata e experta en bioresonancia e Alfonso Ramos, pediatra e especialista en medicina biolóxica. A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, convida a todos os pais e nais de Burela a asistir a esta xornada “na que escoitaremos consellos que nos poden ser de utilidade para conseguir que os máis pequenos da casa coman dun xeito sano e equilibrado, e que disfruten dos alimentos. Ao remate da charla seguiremos comentando o aprendido nun pequeño refrixerio”.

A xornada sobre alimentación infantil está organizada polas Concellerías de Sanidade e Educación de Burela e por La Sartén de Carmen e conta coa colaboración de Daosalud.

Exit mobile version