Site icon Crónica3.com A Mariña

A rede museística provincial acolle a Noite Europea dos Museos

O sábado 19 de maio de 2012 ten lugar a 8º edición da Noite Europea dos Museos, evento creado en 2005 polo Ministerio de Cultura e da Comunicación de Francia. Unha oportunidade para que os visitantes descubran as coleccións dos museos nunha xornada común, festiva e amigable.

En 2011, máis de 4 000 museos europeos en 40 países diferentes participaron na Noite dos Museos. O Consello de Europa e a UNESCO apadriñan o festival e a Federación Francesa de Amigos dos Museos e a Reunión dos Museos Nacionais franceses (RMN) son socios institucionais do evento.

Dentro dos actos organizados pola Rede Museística da Deputación de Lugo con motivo da NOITE EUROPEA DOS MUSEOS, o SÁBADO, día 19 DE MAIO, terán lugar os seguintes actos:

Museo Provincial de Lugo

Ás 21 horas, no Refectorio do MPLugo, terá lugar o espectáculo A HISTORIA DO JAZZ NUN CONCERTO, a cargo do grupo da mariña luguesa Marosa Jazz Project. Trátase dun concerto didáctico co que se pretende achegar este movemento musical a todo tipo de públicos e que conta cunha Guía Didáctica, da autoría de Israel Arranz, que nos ilustra sobre a cronoloxía, intérpretes e subxéneros deste movemento musical.

Museo Etnográfico San Paio de Narla, Friol

Äs 21 horas.-Danza teatro: Noites con historia na Rede Museística.
Representación de “A Fortaleza en movemento”, por Asociación 3Monos.

Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo

Ás 20:30 horas.-Noites con historia na Rede Museística: “Un mar de festas”, por Ángeles Miguélez.
A continuación festa mariñeira.

NOTA

A entrada a todos estes actos é libre e gratuíta.

Todos os museos da Rede Museística Provincial permanecerán abertos ao público ata o remate dos espectáculos programados

Exit mobile version