Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Alfoz celebra o Día do Libro con teatro

DELEGACIÓN DE CULTURA – CONCELLO DE ALFOZ
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

O departamento de cultura do concello de Alfoz, co motivo de conmemorar o Día do Libro, ten programado para o día 23, unha actuación de monicreques, do grupo A xanela do Maxín, coa obra “Os contos do titiriteiro ou da titiriteira”, non se trata dun espectáculo de monicreques común nin dun contacontos corrente, unha mestura de ambos, onde grandes libros conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible. Esta actividade será o dia 23 ás 15;00 horas no salón de acto do centro
sociocultural.
Ademais a Biblioteca Municipal convoca o Certame de narración e debuxo infantil
Letras Galegas 2012, sobre o tema “A superstición”. O prazo de presentación termina
o 9 de maio.

Exit mobile version