Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz pide que o goberno de Foz cambie a data da sesión plnearia ao coincidir co día da folga xeral

Nota de prensa

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPÓN:

Que segundo acordo da Corporación Municipal, as sesións plenarias ordinarias terán lugar todos o xoves últimos de mes.

Que a data prevista para a sesión plenaria de este mes é o día 29 de marzo de 2012

Que para esa data está convocada unha FOLGA XERAL, para protestar pola imposición da recentemente aprobada REFORMA LABORAL, que atenta contra moitos dos dereitos que tiñan os traballadores/as, e segundo recoñece o propio goberno non servirá para crear emprego a corto prazo, aínda que si para favorecer o despido fácil.Por todo o exposto

SOLICITA:

Que a convocatoria da vindeira Sesión Plenaria teña lugar o venres día 30 de marzo, a mesma hora, e de carácter extraordinario con rogos e preguntas.

Exit mobile version