Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha pasarela percorrerá o areal da praia do Torno en San Cibrao para facilitar a accesibilidade

Nota de prensa

A praia do Torno será completamente accesible grazas a unha pasarela que percorrerá o areal

-A pasarela será desmontable para poder retirala cando remate a temporada de verán

-Os baños deste areal tamén serán de acceso universal despois da remodelación que se está levando a cabo

-O Ministerio de Medio Ambiente, que financia esta medida, tamén limpará as praias do municipio recollendo restos de árbores

Cervo, 1 de marzo de 2012-A praia do Torno, na vila cervense de San Ciprián, terá un acceso universal a partir deste verán. Será grazas a unha pasarela de madeira tratada de 120 metros de lonxitude que percorrerá todo o areal, dende a rampla de entrada e a zona de duchas adaptadas, ata a área de socorristas e os baños. Deste xeito, as persoas con dificultades de mobilidade terán máis facilidades para acceder a esta praia. Ademais, trátase dunha pasarela desmontable, o que permitirá a súa colocación e utilización durante a temporada de baño e a súa posterior retirada ao remate do verán para evitar o posible deterioro a causa dos axentes meteorolóxicos.

O Concello recibiu a pasarela nun acto no que estivo o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso e José Miguel Esteban, xefe do servizo provincial de Costas de Lugo, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, organismo que financia esta medida solicitada pola administración local. Este departamento do Goberno central tamén se encargará de facer unha limpeza nos areais do municipio co obxectivo de retirar restos de árbores e madeira arrastrados polas augas ata a beira do mar. Unha madeira que os veciños tiveron a posibilidade de recoller para facer leña.

Dende o Concello a edil Begoña Alonso asegura que o goberno local está traballando “para preparar y poner a punto las playas del municipio de cara a la temporada de verano” e lembra que neste mesmo arenal do Torno estase executando tarefas de remodelación dos baños “para hacerlos accesibles a todas las personas”, uns traballos “que están practicamente rematados”. En canto á pasarela, Villares asegura que “é un paso máis para conseguir que todas as persoas teñan as mesmas posibilidades de gozar das fermosas praias do municipio”.

Exit mobile version