Site icon Crónica3.com A Mariña

UGT analiza mañá en Ribadeo a sinistralidade laboral na comarca da Costa lucense

Nota de prensa

UGT analiza mañá a sinistralidade laboral na comarca da Costa lucense
Ribadeo, 14 de marzo de 2012.- O secretario xeral de UGT-Costa lucense,
Juan Carlos Piñeiro; o responsable de Saúde Laboral e Medio Ambiente de
UGT-Galicia, Carlos Bellas; e o secretario de Acción Sindical de UGT-Galicia,
Eladio Romero, ofrecerán mañá, día 15, ás 11.30 horas unha rolda de prensa
na que presentarán a “Xornada de prevención de riscos laborais. Ferramentas
preventivas dos delegados de prevención” que se celebrará esa mesma mañá
en Ribadeo e analizarán a sinistralidade laboral na comarca da Costa lucense.
A rolda de prensa terá lugar ás 11.30 nas instalacións do Hotel O Cabazo en
Ribadeo (Río do Amalló, nº 1, Ribadeo) onde se vai desenvolver a propia xornada.
Xornada que se abre ás 9.30 horas e, tras este acto, Carlos Bellas desenvolverá a
ponencia “Actuacións dos delegados e delegadas de prevención ante as MATEPS,
os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais”.
Xa ás 11.30, Mar López, técnica da Oficina de prevención de riscos laborais de
UGT-Galicia, analizará as “Estratexias de traballo dos delegados e delegadas de
prevención”. Ás 13.00 horas Eladio Romero desenvolverá a ponencia sobre “Os
convenios como marco regulador e de mellora da prevención de riscos laborais”, no
contexto desta intervención tamén se analizará a reforma laboral dende a
perspectiva da prevención. Xa ás 14.30 terá lugar o acto de clausura

Exit mobile version