O próximo venres, día 16, ás 20:30 h, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, presentará en Ribadeo o seu libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. No mesmo acto, que se celebrará na Casa das Letras, tamén se falará da difícil situación da nosa lingua e de como debemos actuar para impulsala. Este acto está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza.