Site icon Crónica3.com A Mariña

Plantaron máis de 800 árbores autóctonas no monte Bidueiras en Cervo

Escolares de Cervo, voluntarios de Alcoa e outros

Nota de prensa

Escolares de Cervo, voluntarios de Alcoa e outros colectivos plantaron máis de 800 árbores autóctonas no monte Bidueiras

-A actuación forma parte dun proxecto de reconversión dun eucaliptal en bosque autóctono nunha superficie de case 6.500 metros cadrados

-A plantación inclúe numerosas especies de árbores, sobre todo carballo e bidueiro

-O rexedor cervense cualificou esta acción de “prioritaria” e integrada nun proxecto de continuidade a favor da recuperación do bosque autóctono

Cervo, 15 de marzo de 2012-O proxecto de mellora forestal que levan a cabo conxuntamente a comunidade de montes Bidueiras, a empresa Alcoa e o Concello de Cervo segue avanzando. Hoxe mesmo un grupo duns 50 escolares do municipio, persoas da comunidade de montes, voluntarios de Alcoa, membros do goberno local, varios expertos así como veciños da zona participaron na plantación manual de 850 árbores nunha área duns 6.500 metros cadrados de superficie situado no monte de Bidueiras, próximo á Igrexa parroquial cervense.

Os plantóns sementados pertencen a especies moi variadas, como carballo, bidueiro, albedro, teixo ou abeleira. Un conxunto de árbores que permitirán restaurar o ecosistema desta zona, ata o de agora un eucaliptal, e que con esta actuación quedará transformado nun bosque autóctono rico en especies propias da Mariña.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso acudiron ata o monte para participar activamente na plantación. O rexedor cualificou esta actuación como “prioritaria” e explicou que “forma parte dun proxecto de goberno con continuidade no tempo e co que pretendemos recuperar o antigo bosque autóctono que proliferaba na Mariña”. Villares recoñece que esta acción “terá resultados visibles dentro de 15 ou 20 anos” de aí “a importancia de poñer en marcha estas iniciativas que nos permitirán deixarlles ás vindeiras xeracións unha grande riqueza natural”. O mandatario cervense gabou a “sensibilidade da comunidade de montes e de Alcoa co medio ambiente e a natureza”, entidades ás que “dende o goberno local queremos agradecer a súa implicación”.

A edil de Medio Ambiente, pola súa banda, destacou a colaboración dos nenos e nenas dos centros de Cervo xa que “haciéndoles partícipes de esta actividad, los pequeños aprenden a cuidar y respetar nuestro medio natural. Al mismo tiempo, es una oportunidad excelente para educarlos en la diferenciación de las distintas especies autóctonas o concienciarlos sobre la importancia de recuperar y fomentar el crecimiento de árboles propios de la Mariña”, engade Alonso.

Este é un dos pasos que se deron nos últimos meses a favor deste proxecto no monte de Bidueiras. A primeira das actuacións realizadas sobre o terreo foi a tala dos eucaliptos. Hai unhas semanas, a finais do mes de febreiro, desenvolvérase o seguinte paso, o destoconamento das cepas, é dicir, a retirada das raíces. Unha vez eliminados os eucaliptos, preparado o terreo e realizados os ocos mecanicamente, era o momento do paso máis visible, a plantación manual. Por diante queda agora o coidado e mantemento das plantas, que estarán protexidas contra a entrada de animais herbívoros que poidan prexudicar o seu crecemento.

Lembrar que se trata do segundo proxecto de mellora forestal no que colaboran o Concello e a comunidade de montes Bidueiras. Na anterior ocasión a reforestación foi financiada pola Xunta e realizárase nunha superficie de 6 hectáreas de monte.

Exit mobile version