Nota de prensa
O pasado sábado, 10 de marzo, inauguramos no Cenima a exposición colectiva “Oscilacións”, producto do talento de dez xoves artistas que atoparon no tema da ausencia un nexo común entre as súas obras de fotografía e videocreación. A inauguración gardou unha sorpresa para os asistentes, Verónica Vicente, unha das participantes desta exposición, realizou uhna performance na que colcada nunha peana convirteuse nunha pez amáis da súa obra, unha escultura en movemento que pasaba desapercibida como un obxecto inanimado máis. Este acto pretendía ser unha metáfora de cómo a sociedade pode ignorar sistemáticamente ó individuo que non se somete á maioría:
“Camiño entre a multitude e desaparezo baixo o anonimato, son alguén máis. Camiño entre un continuo tránsito de horarios de oficina, miradas perdidas e ignorados itinerarios de formigas en cadena. Párome, o tránsito continúa. Sitúome e desaparezo entre o gris formigón, camúflome. Trátase dunha estratexia de apariencia ou tal vez unha forma de facerse ver, de querer chamar a atención nunha cidade homoxénea, nunha sociedade teledirixida”. (Verónica Vicente)
A performance resultou un éxito pois deu lugar a reaccións sorpresivas e inesperadas entre o público, que non sabía moi ben cómo responder ante unha “peza” que se movía diante dos seus ollos.
Inauguración de la exposición “Oscilaciones” 10.03.12 (Parte 1):]http://www.facebook.com/#!/photo.php?v=384982521521042
Inauguración de la exposición “Oscilaciones” 10.03.12 (Parte 2): http://www.facebook.com/#!/photo.php?v=385006828185278