Nota de prensa
O PSdG-PSOE de Foz, recollendo o eco dos veciños e veciñas, denuncia o estado de abandono total no que se atopa a estrada chamada Carril das mariñas, que vai dende o Bispo Santo a canteira.
Nun tramo de 2,2 kilómetros contabilízanse mais de 60 baches e fochancas, soamente contando os que supoñen un autentico risco para a circulación e obrigan a reducir drasticamente a velocidade.
Os Socialistas, solicitamos que se repare a maior brevidade, pois é unha vía moi usada polos veciños de Santa Cecilia ó acurtar distancias con Foz, o que fai que sexa unha arteria importante para unir o pobo de Foz con esta parroquia e tamén co Valadouro.
Unha das maiores preocupacións do anterior equipo de Goberno Socialista, era que o medio rural e as súas estradas se atopasen nas condicións mais impecables posibles, pois o seu desleixo obriga a investir dobre cuantía nos arranxos.