Nota de prensa
Este programa nace como resposta á necesidade de implantar medidas que faliciten o acceso á vivenda e ao mesmo tempo axuden a comercializar ás vivendas baleiras que non atopan saída na actual situación do mercado inmobiliario
BALSEIRO ANIMA A VECIÑOS, ALCALDES E PROMOTORES A INTERESARSE POLA BOLSA DE VIVENDAS A PREZO TAXADO IMPULSADA DESE A XUNTA
Os prezos máximos destas vivendas serán similares aos das vivendas protexidas.
Os gastos de notario e de rexistro da propiedade serán asumidos polo promotor vendedor da vivenda
As entidades financeiras que estean dentro deste programa darán financiamento coa condición preferente, tanto no tipo de interese como no prazo de amortización, así como nas comisións e na contía do préstamo.
Aqueles concellos que se incorporen á bolsa bonificarán o 40% do IBI nos catro primeiros anos desde a compra da vivenda.
A Mariña, 15 de marzo de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro animou a veciños, alcaldes e promotores inmobiliarios da comarca a interesarse pola nova Bolsa de Vivendas a Prezo Taxado impulsada desde a Xunta de Galicia. Este programa do Goberno galego ofrece vivendas actualmente baleiras con prezos máximos similares aos das vivendas protexidas e en condicións atractivas para as pesoas que queren acceder a un fogar.
A Xunta puxo en marcha esta bolsa de vivendas cun tripo obxectivo: dar confianza aos que buscan unha casa, dar confianza aos que queren vender unha casa e dar maior seguridade nas transaccións e mellores condicións de financiamento. Este programa impulsado polo Goberno galego pretende contribuír a reactivar o mercado de vivenda baleira no conxunto da comunidade autónoma e moi particularmente, en comarcas como A Mariña lucense, onde a venda de vivendas sufriu un maior retroceso.
MÁIS ÚLTIL CA NUNCA
Jose Manuel Balseiro é consciente de que a situación económica de moitas familias non é nestes momentos a mellor o que dificulta que poidan interesarse pola compra dunha vivenda. Pero precisamente por iso, neste momento, resultan máis útiles ca nunca medidas que faciliten o acceso a un fogar de todas as persoas que precisen del.
VANTAXES: VECIÑOS, CONCELLOS E PROMOTORES
Entre as vantaxes das que poden beneficiarse os que compren unha vivenda a prezos taxados na bolsa promovida pola Xunta, Balseiro subliña que non terán que afrontar os gastos de notario e rexistro da propiedade e que os compradores disporán dunha maior facilidade de acceso ao financiamento por parte dos bancos, que se se suprimirán en determinados casos as comisións de estudo e apertura do préstamo. As entidades financeiras que estean dentro deste programa darán financiamento coa condición preferente, tanto no tipo de interese como no prazo de amortización, así como nas comisións e na contía do préstamo.
No caso dos concellos que se adhieran deberán bonificar para estas vivendas vendidas o 40% do Imposto de Bens Imobles (IBI) nos catro primeiros anos dende a compra da vivenda. Pero esta será unha medida positiva para as facendas locais xa que estarán apoiando unha medida de reactivación económica, que posibilita que se xeren outros ingresos con outras taxas (vehículos, auga, lixo…)
Os promotores, pola súa parte, atoparán na bolsa da Xunta unha alternativa ás vivendas baleiras que non atopan saída na actual situación do mercado inmobiliario.
O convenio para a constitución da bolsa foi asinado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), o Instituto Galego de Consumo (IGC), a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Federación de Promotores de Edificación e Solo de Galicia e varias entidades financeiras.