Nota de prensa
O Grupo Provincial Popular pídelle a Deputación que arranxe de maneira inmediata un socavón presente nunha estrada do Concello de Barreiros
. Candia: “de novo atopámonos cunha situación de inmenso perigo para conductores e viantes, onde a pasividade do ente provincial é total”
. O socavón permanece dende finais do verán pasado na estrada que pasa pola praia de Balea, lugar moi transitado e máis agora, coa chegada do verán
Candia insiste na perigosidade que supón este socavón para os conductores e viandantes, que se ven na obriga de invadir o sentido contrario, incrementándose aínda máis o perigo xa que xunto a este atópase unha curva.
“O lugar onde se atopa o socavón esta vaiado, polo que a estrada permanece cortada, algo que supón un tremendo perigo para os conductores e viandantes, xa que ademáis de ter que invadir o sentido contrario da vía, atópase ao carón dunha curva” –afirma Candia.
O socavón permanece dende finais do verán pasado nesta estrada de Barreiros, ao seu paso pola praia de Balea.
“Anda que non tiveron tempo para arranxar isto. Pasaron todos estes meses e o ente provincial fixo caso omiso a este deterioro, non arranxou absolutamente nada e, o maís preocupante, non tivo consideración algunha da perigosidade que supón para os conductores e viandantes”- di Candia.
Qué pensa a Deputación, ¿que non pasan vehículos por esta estrada?, ¿qué non hai cidadáns que camiñan por aquí?, ¿non pensa na perigosidade que supón para todos eles? – pregúntase candia.
A voceira dos populares lucenses lembra que a deficiencia atópase na estrada que transcurre ao lado dunha praia (na de Balea), un lugar moi frecuentado e de maior tráfico sobre todo coa chegada do bo tempo
“Este ano, o verán chegou un pouco antes, e moitos, ademáis dos que pasan por aquí tódolos días, achéganse ata aquí para desfrutar do mar e atópanse con isto. O tráfico é maior e a deficiencia está ahí. Asegura Candia, quen ao mesmo tempo se pregunta se chegarán os veraneantes e seguirá isto así.
A voceira popular na Deputación insite en que o organismo provincial tivo moito tempo para arranxar este perigoso socavón e desgraciamente e como en numerosas ocasións, fai caso omiso.