Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Ribadeo reduciu a débeda a provedores e bancos nun 50% garantindo os servizos básicos

VICENTE CASTRO SUBLIÑA QUE A DÉBEDA A PROVEEDORES E A BANCOS SE REDUCIU EN PRETO DO 50% DESDE O ANO 2007 COS PLANS DE AFORRO QUE ESTÁ A LEVAR ADIANTE O EQUIPO DE GOBERNO.

Ribadeo, 27 de marzo de 2012. O concelleiro de Facenda de Ribadeo, Vicente Castro, subliña que tanto a débeda a proveedores como aos bancos reducíuse nun 50% desde o 2007 cos plans de aforro que está a levar adiante o equipo de goberno. Castro engade que se segue e se seguirá a garantir a prestación de servizos básicos aos veciños e ás veciñas de Ribadeo.

Castro lembrou que “no pleno ordinario do venres pasado o goberno municipal deu conta da relación do pago de facturas a proveedores que se levará a cabo con cargo ao Real Decreto do Ministerio de Administracións Públicas. O montante ascende a 1.780.000 euros. Este pago realizarase con cargo a un préstamo que será avaliado polo Ministerio e ao mesmo tempo se ampara na participación do Concello nos tributos do Estado”.

Para o concelleiro de Facenda “a cantidade non é a ideal, nós non queríamos deber nada e non queríamos entrar neste plan, pero a situación que arrastramos desde anos anteriores e na que participamos tanto gobernos anteriores como o actual, na acumulación de débeda me refiro, non é a idónea, pero é substancialmente mellor á de anos pasados”. O edil nacionalista engadiu que “os resultados presentados nos distintos exercizos desde 2007, momento no que chegamos ao Concello, foron arroxando saldos positivos e fóronnos permitindo reducir a débeda tanto bancaria como con proveedores e a día de hoxe podemos dicir que baixou nun 50% aproximadamente. A débeda a proveedores ascende a 1.780.000 euros e hai outro importe aínda sen concretar a entidades públicas e empresas do sector público. A reducción da débeda amosaráse na conta xeral que se presentará en breve”.

Vicente Castro manifestou que “desde o goberno municipal estimamos que esta é a liña que debemos seguir e a que seguiremos nos vindeiros anos para continuar prestando os servizos aos cidadáns e para facer fronte ao pago a proveedores co obxectivo de que así poidamos salvar a economía de pequenas empresas tanto locais como foráneas e de autónomos. Esta é a liña que trouxemos e é a liña que seguiremos nos vindeiros anos”.

Remitidoº

Exit mobile version