Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove pon en marcha unha campaña medioambiental para recoller aceite de uso domestico

Nota de prensa

NOVA CAMPAÑA MEDIOAMBIENTAL DO CONCELLO DE XOVE

Nova fórmula para recoller o aceite de cociña usado

Dende xa hai algúns anos o noso Concello promociona a RECOLLIDA DE ACEITES DE COCIÑA USADOS, para o cal tiña disposto unha serie de contenedores repartidos por varios lugares do termo municipal para este fin. Ata este intre, o aceite de cociña usado depositábase no contenedor a granel, ousexa, vaciábase directamente no contenedor. Agora imos cambiar este sistema por outro, consistente en que de agora en diante HAI QUE DEPOSITAR O ACEITE DE COCIÑA USADO NUN ENVASE QUE NON SEXA DE VIDRO, ousexa, xa non se pode botar o aceite a granel dentro do contenedor.

Un consello que ofrecemos é o de utilizar as mesmas botellas de plástico nas que normalmente ven o aceite de cociña para este fin; segundo se vai gastando, o aceite usado pode ir depositándose nestas botellas de plástico, e cando estén cheas poden depositarse nos novos contenedores.

Dado que cambiamos o sistema, esta semana imos cambiar os contenedores; neste sentido, os novos contenedores onde se pode botar o aceite, van estar ubicados en:

-Diante do Colexio Pedro Caselles Rollán.

-Na Rúa Tomás Mariño Pardo.

-Na Avenida Deputación: un perto do Bar O Refugio e outro diante da antiga sede de Caixa Galicia, frente ao Bar Pepe.

-En Palmeiro.

O aceite de cociña usado vai seguir sendo recollido pola empresa Procesadora Gallega de Alimentos S.L. de Lalín.

Dende o Concello, e dado que se considera moi importante a preservación do medioambiente e a reciclaxe como un bó medio para esa preservación, invitamos e animamos a tódolos nosos veciños a usar eses novos contenedores, e usalos correctamente, NUN ENVASE QUE NON SEXA DE VIDRO.

Exit mobile version