Nota de prensa
O CONCELLO INVESTIU 50.000 EUROS NAS OBRAS DE MELLORA ACOMETIDAS EN VARIAS RÚAS NAS INMEDIACIÓNS DAS VIVENDAS SOCIAIS EN SAN COSME.
Barreiros, 21 de marzo de 2012. O Concello investiu 50.000 euros nas obras de mellora acometidas en varias rúas nas inmediacións das vivendas sociais en San Cosme.
O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “onte se fixeron os traballos de aglomerado arredor das antigas vivendas sociais e nunha rúa de alí na que ensanchamos o trazado que da acceso ás vivendas sociais novas. Neste caso o que se fixo foi colocar un bordillo e mellorar todo o entorno. Toda esa zona esta en mal estado e a acondicionamos, porque é un dos puntos máis transitados de San Cosme”. O rexedor engadiu que “agora quédanos un pequeno tramo nas proximidades da gardería municipal, que tan pronto se poida se realizará”.
Os traballos de asfaltado realizados estes días supuxeron un investimento de 50.000 euros. Fuente Parga subliñou que “as obras remataron xa na xornada de onte, sobre as sete da tarde xa estaba todo listo”.