O Concello de Barreiros conmemora o día internacional da muller traballadora don diversos actos
Nota de prensa
O CONCELLO ORGANIZA VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. SERÁN O VINDEIRO 11 DE MARZO.
Barreiros, 1 de marzo de 2012. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros organiza varios actos para conmemorar o día internacional da muller traballadora.
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá o vindeiro 11 de marzo a partires das 18 horas a representación da obra de teatro As novas: especial folga feminina. E a continuación terá lugar a entrega de premios do III certame de poesía A miña nai, muller traballadora no que participaron os nenos de 4º, 5º e 6º dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante.
Na organización destes actos participan as Concellerías de Sanidade e Servizos Sociais, e Familia e Muller e colabora a rede de voluntariado local do Concello de Barreiros.