Nota de prensa
Moción para realizar unha consulta popular sobre a fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro.
Expón:
Que a corporación municipal do concello de Alfoz, por unanimidade, ten solicitado a Xunta de Galicia e a Diputación provincial de Lugo a realización dun estudo de viabilidade da fusión do concello de Alfoz co veciño concello de O Valadouro.
A fusión dos concellos é un tema de especial importancia para os intereses dos veciños do noso concello, e tal como se especifica na lei de administración local de Galicia, son temas que se poden someter a consulta popular.
Que igual de importante que o estudo, para a realización dunha futura fusión dos concellos do Val do Ouro, tamén é importante e de responsabilidade saber o que opinan os veciños que representamos.
Acordo:
Someter a consulta popular o asunto da fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro.