Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz aclara que o concello ten pendentes de pago 450 facturas “algunha do 2009 e 2010”

Nota de prensa

CASTIÑEIRA ENCLAVA AS ULTIMAS DECLARACIÓNS DE RIVERA SOBRE A ECONOMÍA LOCAL, NO DESPROPÓSITO DO PSOE FOCENSES QUE SE UNE Á MODA DE APUNTARSE AO MUNDO AO REVÉS DO SEU LIDER RUBALCABA.

En resposta as declaracións na prensa o pasado domingo onde o grupo socialista culpaba da situación económica ao actual goberno do partido popular, o Alcalde de Foz Javier Castiñeira, sente lástimia e vergoña allea, polo comportamento e a demagoxia que esgrime o seu portavoz, o Sr Rivera tentando buscar desculpas da situación en precario na que deixou o pobo.

E certo que das facturas que van na listaxe, só 450 son do anterior goberno e o resto do actual, non faltaría máis….., vaise pagando e contabilizando por orde de entrada, e a conclusión e tremendamente obvia e fácil,…. despois de 8 meses, o actual goberno segue pagando facturas do anterior e ainda non acabou, faltan de pagar as 450 que dice o exrexedor ata xuño do 2011 seguindo a orde de antiguedade das facturas, algunha do 2009 e 2010.

As contas están perfectamente claras; en xuño de 2011, cando entramos, debíaselle aos proveedores cerca de millón e medio de euros, dice Castiñeira,……….. se tanto había no concello, porqué non pagou?, porque pideu antes de irse unha operación de tesoureria de 700.000 € á conta da recadación do 2011?,…..a conclusión e clara, por que non había liquidez.

O que quedaba para recaudar non chegaba para pagar o que se debía…, cae de caixón.

Pero non so iso, si ainda deixase algo aforrado, pero non,………..esgotou o remanente das licencias que deixou o boom urbanístico de 6 millóns de €, e por enriba o ano pasado cargou nos orzamentos do 2011, 285.000 € de facturas do ano 2010 que quedaron fora de contabilidade e que agora fan precisamente, que queden fora as facturas deste goberno, que é sensato e Leal coas empresas e segue como norma xeral a orde de pago por fecha de factura.

Fala Rivera de que quere pagarlle as empresas pero que non quere hipotecar ao concello, “….pois que se houbera acordado antes e non ordeara gastar o que non podía pagar”; e tan sinxelo coma iso, gastou os cartos que recaudou coas licencias e agora non queda outra ou pedir un crédito para facer fronte ás débedas ou esperar a que o goberno o faga retirando a participación dos tributos do estado mes a mes, que é co que actualmente se está pagando aos empregados, non hai outra.

Sabemos que lle doe ao Sr Rivera recoñecer que él é o verdadeiro culpable do estado lamentable das contas , e que fará o posible por votarlle a culpa ao actual goberno, ao máis puro estilo Rubalcaniano.

Recordar lle a Rivera o últimatum que moitas empresas deron ao concello cando iniciamos a lexislatura, para querer cobrar os adeudos da súa época como rexedor, o adianto a Eón dos pagos da luz para que non a cortaran, a negación de algúns almacenes a servir material ao concello, mesmo viveiros de plantas que non serven aos xardineiros por impagos, as dificultades para pagar o gas do campo de fútbol, e débedas tan graves a algunha empresa que puxo en risco a propia a cobertura de servizos sociais do concello,etc, etc….

Castiñeira pregúntalle a Rivera, si está tan orgulloso da súa xestión, porque deixou as empresas sen pagar?, e ¿onde están os 6 millóns de euros que recaudou no ano 2007 coas licencias do boom urbanístico? , 1000 millóns das antigas pesetas que nos virían de maravilla para non ter que pedir este credito……. ¿Cómo e posible que en catro anos dilapidara 1000 millóns das antigas pesetas e acabe a lexislatura debendo 250 millóns de pesetas as empresas proveedoras?

Castiñeira está abraiado da falta de escrúpulos políticos de este Sr. E pouco decoro co actual goberno que non fixo outra cousa que pagar o que el deixou a deber, e proba disoo é que a dia de hoxe o concello está dando ordes de pago a facturas de febreiro e marzo do 2011 cando ainda gobernaba él.

O mundo ao revés no que vive Rivera é un autentico despropósito, asevera Castiñeira que atopou unhas contas en números vermellos , un estado lamentable do alumeado público con un gasto desproporcionado, apercibimento de multas urbanísticas por ilegalidades, ben sexa terraplenados ilegales cerca da igrexa de San Martiño, a aula da natureza ilegal, ou a última multa de 3000 euros por danos de obras municipais contra un cruceiro en Cangas.

Obras sen rematar como é o deposito da hermida que perde auga sen chegar a estrearse, o pozo de bombeo de Nois abandoado e enterrado en 15 tn de area, a nave de Fazouro sen terminar despois de haber gastado 800.00 € e ainda quedan outros 100.000 en obras de remate, según o arquitecto municipal, sentencias condenatorias contra o concello en temas de ruídos nocturno; en temas de persoal que houbo que reincorporar; etc, etc, etc….

Ese é o mundo ao revés de Rivera que critica ao goberno actual pola súa xestión honrada, austera e sensata, que non admite os resultados das eleccións municipais, e descolocado máis pendente do seu futuro profesional e particular que de facer unha política seria e sensata, que é a que verdadeiramente esperábamos dun excalde da súa categoría.

Esta e a gota que colmou o vaso, a de intentar culpar ao actual goberno do derroche do súa última e nefasta lexislatura na que ademais de deixar se pagar aos provedores; esgotou o remanente de 6 millóns de euros das licencias e acribillou os orzamentos do 2011 con facturas do ano anterior.

Imncreible pero certo, Castiñeira preguntase ata onde chegará a insensatez política de Rivera, cal será a próxima metedura de pata?.

Exit mobile version