CCOO denuncia que a reforma laboral incrementará a «feminización da pobreza» en Galicia
1-3-2012.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) denunciou esta mañá que a reforma laboral incrementará a «feminización da pobreza» en Galicia. É unha das principais conclusións do estudo ‘A realidade laboral das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión‘, presentado esta mañá en conferencia de prensa.
Segundo Mabel Pérez, responsable da Secretaría da Muller de CCOO de Galicia, as mulleres galegas estan a perder máis poder adquisitivo que os homes, e esa tendencia irá aumentando como consecuencia da reforma laboral.
Así, indicou que, á vista dos datos do estudo, as mulleres galegas padecen de xeito especial a altísima contratación a tempo parcial. Isto, combinado co feito de que a reforma laboral permite non xustificar horas extraordinarias, provocará a conversión de moitos contratos a xornada completa noutros a media xornada con horas a máis non reguladas, coa consecuente mingua salarial.
Diferenzas salariais
Mabel Pérez tamén denunciou ( . . . )