Fallo do xurado do concurso dos IV Encontros de Banda Deseñada na Mariña.
Achego co rogo da súa difusión a seguinte nota de prensa: Fallo do xurado do concurso dos IV Encontros de Banda Deseñada na Mariña.
Reunidos na Biblioteca do IES Perdouro, os membros do Xurado do Concurso fallaron a relación de premiados que se achega a continuación.
Foron fallados os premios dos IVº Encontros de Banda Deseñada na Mariña.
Na categoría escolar ata catorce anos :
– 1º premio foi obtido por Amanda López López do CEIP Cervo coa obra O segredo do mar.
– 2º premio foi para Inés Pardo Parra do IES Perdouro coa obra Un traballo moi duro.
Na categoría escolar ata dezaoito anos:
– 1º premio recibiuno Cristián Fojón Caruncho do IES Ortigueira pola banda deseñada Knocking on heaven doors.
– 2º premio foi para unha obra titulada Unha viaxe de ida e volta, presentada por Adrián Ramallal e José Ángel Bermúdez, alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo.
A categoría libre
– 1º premio foi obtido por Aurélie Pello e Miguel Angél Rubio coa obra A ponte do Bispo.
– 2º premio foi para Laura Rodríguez Dominguéz coa obra Benvido.
A entrega dos premios terá lugar o mércores 28 de marzo ás 11h30 na biblioteca do IES Perdouro coincidindo co acto de clausura dos IVos Encontros da Banda Deseñada na Mariña. Estarán presentes Brais Rodríguez, a concelleira de Cultura do Concello de Burela, Mónica Pedre, a representante do EDNL, Miruca Parga, o director do IES Perdouro, Juan Sama, e os membros do equipo de BiblioPerdouro.
A organización quere mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por estes Encontros.
Remitido